En Galego, Tes Todo Por Dicir
Creo que todos debemos promocionar a língua galega, que todo o mundo sepa que estamos moi orgullosos dela. Por iso aproveito para vestir este post de galego.
E con motivo disto, quero falarvos dun novo proxecto levado a cabo pola Xunta de Galicia: "En Galego, Tes Todo por Dicir". Esta é a nova campaña de política lingüística para promover a língua propia en toda a sociedade. Paréceme una idea moi boa, xa que non trata unicamente de conferencias e palabras, senón tamén de numerosas actividades que axilizan a inclusión do galego e a participación de todos nós nesta intelixente proposta.
Así, podedes atopar actividades coma o "Concurso Enfoca O Galego" no que únicamenteterás que enviar unha foto que simbolice, na túa perspectiva, a lingua galega;ou o "Entroidadas" no que só terás que "descargar o logo (E Logo!) e facer del un entroido.
Non perdadesa oportunidade. Pasarvos pola páxina web:
E cóntame que te parece o website, a iniciativa e os concursos, e se participas nalgún, non dubides en deixar un comentario indicándoo, pasareime a votarte!!
Saúdos para todos, e recorda que "En Galego, Tes Todo Por Dicir".























